Nota informativa sobre os procedementos de xubilación

29 de outubro de 2018

"publicado na intranet"

Coa finalidade de axilizar a tramitación dos expedientes de recoñecemento de pensión de xubilación, no réxime de clases pasivas, resulta convinte que os interesados teñan en conta as seguintes cuestións:



 • O DNI debe estar en vigor. Do contrario, non poderá cobrarse a pensión correspondente.

 • A dirección de correo electrónico que se facilite debe ser persoal. Non deben sinalarse direccións de correos electrónicos corporativos, pois neste caso, unha vez xubilados os interesados, no será posible contactar con eles por este medio, co conseguinte prexuízo para os mesmos

• No formulario que deberá cubrir o interesado, este terá a posibilidade de declarar o IRPF voluntario, informándolle ademais da conveniencia de cumprimentalo. Poderá facer o cálculo que lle corresponde no seguinte enlace:

 • No caso de que o interesado non acade o período de carencia necesario para a xubilación voluntaria, o mesmo debe solicitar a aplicación do cómputo recíproco, marcando a caixa correspondente no formulario