Permisos retribuidos nas eleccións sindicais do próximo 19 de xuño

13 de maio de 2019


"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 19 de xuño.

De conformidade co establecido nos artigos 474 e 503 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, así como na Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas, e mais no Real decreto 1846/1994, do 9 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de eleccións a órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado, e no exercicio das competencias previstas no Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dítanse as seguintes instrucións:
Ligazón o DOG