Contacto


Quen somos?

Un grupo de funcionarias e funcionarios que, como integrantes da administración de Xustiza, consideramos necesario manter una actitude activa e reivindicativa na defensa dos nosos dereitos, dende a convicción de que non son concesións graciosas da Administración senón o resultado da presión e da mobilización.

Que é Alternativas na xustiza galega?

Un sindicato, confederado coa Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), combativo e de clase, que desenvolve a súa actividade na defensa dos intereses de todos os traballadores e traballadoras de Galicia en xeral, e da administración de Xustiza en particular, e na defensa dos servizos públicos, e que pretende ofrecer propostas para  a mellora das nosas condicións de traballo e alternativas para unha administración de Xustiza entendida como un verdadeiro servizo público dentro dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria.

No mes de maio de 2014, Alternativas na Xustiza galega (AXG) asinou un protocolo de confederación coa Central Unitaria de Traballadores/as-CUT no que se recolle expresamente a denominación de Alternativas na Xustiza-CUT, o logotipo e a plena autonomía de Alternativas no desenvolvemento da acción sindical na administración de Xustiza.

Así, disponse:





Cuarto.- Acción sindical na Administración de Xustiza.

O establecemento dos principios de acción sindical a desenvolver no ámbito da administración de Xustiza, e dos acordos para levala a cabo, corresponderá exclusivamente aos órganos dos que se dote AXG, con plena autonomía para a toma de decisións.

[...] En calquera caso a CUT renuncia expresamente o exercicio de veto, inxerencia ou suplantación dos acordos acadados soberana e autonomamente pola estructura da AXG, xa que se contradiría co esprito de integración e confianza establecido no presente Protocolo.

Quinto.- Financiamento da acción sindical de AXG.

Para Alternativas na Xustiza-CUT a única forma de financiamento “COHERENTE” coa defensa dos dereitos dos traballadores e do propio Sindicalismo da clase traballadora é a “afiliación dos traballadores”. Por iso renunciamos a calquera tipo de subvención.

Para o desenvolvemento da acción sindical de AXG, en especial pola dispersión de centros de traballo, trimestralmente elaborarase un presuposto para cubrir os gastos de desprazamento e outras necesidades da organización, como campañas, edición de publicacións e blogues, etc.


Sexto.- Desde a mesma sinatura do presente Protocolo todos os afiliados e afiliadas da AXG terán os dereitos de asesoría xurídica, uso dos locais sindicais de A Coruña, Compostela, Ribeira, Cangas e Vigo, así como a defensa e apoio do conxunto da central sindical.

Ao corresponder á xurisdición contencioso administrativa a resolución dos conflitos que poidan xurdir entre os traballadores e traballadoras e a Administración, e dada a especificidade e complexidade desta xurisdición, AXG e a CUT buscarán as fórmulas que posibiliten contar co asesoramento de letrados especialistas nesta xurisdición, ben mediante a fórmula de colaboración ou arrendamento de servizos ou pola liberación, de ser posible, de afiliados e afiliadas.

[...] Identidade corporativa. Nas súas comunicacións, campañas, blogues, contas en redes sociais, etc., AXG utilizará, xunto co seu logo, o da CUT e empregará a denominación Alternativas-CUT ou Alternativas Xustiza-CUT.





Podes seguirnos en:


Blog: www.alternativasxustiza.com

Twitter: @alternativaxus

Correo: alternativas.xustiza.blog@gmail.com

Teléfono: 639.772.386


Para falar connosco:


Utiliza este formulario para mandarnos unha mensaxe (Obrigatorio cumprimentar os campos con asterisco)


Nome


Correo electrónico *


Mensaxe *






Ficha de afiliación:


Preme aquí para descargar a ficha de afiliación.