Os arquivos xudiciais de Galicia

7 de maio de 2014

Bos días dende Alternativas-Xustiza. 


Alternativas ven de elaborar un amplo informe sobre os arquivos xudiciais de Galicia e sobre as solucións e recursos materiais e humanos necesarios para a solución dos problemas existentes nos mesmos.

O documento, que foi recollido extensamente pola prensa, únese a outros elaborados por Alternativas sobre o control do horario e sobre o procedemento para reclamar a devolución da paga extra.

Podes descargar este documento (en formato PDF) aquí ou na sección de documentos na columna da dereita do blog.