A Galicia correspóndenlle este ano doce novas prazas, cinco de maxistrado e sete de xuíces de adscrición territorial. A distribución acordada destas prazas levou a cabo baixo criterios obxectivos baseados na carga de traballo e nas necesidades dos órganos xudiciais de Galicia. Así, a comisión mixta proporá ao Ministerio que as novas prazas de maxistrado se cren nas audiencias da Coruña (sección segunda e sexta, con sede esta última en Santiago), Lugo (sección 2ª, penal), Ourense (sección 2ª, penal) e Pontevedra (sede en Vigo).
Publicado o 08/09/2014 en www.lavozdegalicia.es
Ligazón
Etiquetas: Xuíces