Xa ten á súa disposición na intranet de xustiza o foro de lingua galega. Grazas a este novo recurso poderá compartir coñecemento con outros usuarios e trasladar as súas dúbidas relacionadas coa lingua galega.
O foro de lingua vaise constituír como un punto de encontro onde os/as que desexen comunicarse entre si ou cos equipos lingüísticos da Xunta de Galicia poderán compartir información e experiencias, formular e resolver dúbidas e intercambiar opinións sobre temas relacionados coa lingua galega ou coa normalización lingüística.
O foro estará aberto á participación de calquera usuario/a da intranet de xustiza, sempre que se respecten as normas de uso e se empregue un ton correcto cos/coas demais participantes. Poderá accederse a el a través do correspondente apartado na sección de lingua, ou premendo na ligazón do banner da portada. Etiquetas: Lingua galega