Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua galega b>. Amosar todas as publicacións
Convocatoria cursos de lingua galega para obtención do Celga 2,3,4.
19 de febreiro de 2024
"publicado no DOG"
Etiquetas:
CELGA
,
cursos galego
,
Formación
,
Lingua galega
Vense de publicar o 16 de febreiroa a RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística,
pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos
de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua
galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
CTPA; quenda libre. Notas de galego.
25 de xaneiro de 2024
"publicado na intranet"
Acceder a listaxe.-
Etiquetas:
Lingua galega
,
quenda libre
,
tramitacion
Saíu publicada a listaxe da puntuación da avaliación do coñecemento da lingua galega do proceso selectivo do corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso, polo sistema xeral de acceso libre, aos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.
Tribunal Cualificador da proba de coñecemento da língua galega
26 de xullo de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se constitúe o tribunal que deberá cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
---
Nomear o tribunal que deberá cualificar a proba de coñecemento do idioma galego de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego publico, coa composición que se relaciona no anexo.
Presidencia:
– Adrián Vázquez Espasandín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Secretaría:
– María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Xosé Gregorio Ferreiro Fente, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
– Concepción Armas Quintá, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
– Javier Fraga Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Luis Río Mosquera, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
Secretaría:
– Luz Aguiar Vale, persoal laboral fixo da Comunidade Autónoma de Galicia do grupo I, categoría 004.
Vogais:
– Olga López López, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
– Beatriz Corral Sánchez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
– Fernando Asperilla Pinilla, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Modelos en galego para o apoderamento apud acta.
19 de xaneiro de 2022
"publicado na intranet"
Etiquetas:
Lingua galega
Apoderamento ápud acta. Modelos en galego.
Atópanse á disposición dos órganos xudiciais os modelos en lingua galega para o outorgamento de apoderamento xudicial apud acta.
- Podes acceder a eles premendo aquí.
- Tamén atoparás un acceso directo desde o separador "Lingua", dentro do cadro amarelo de "Destacados", premendo en: Modelos en galego para o outorgamento de apoderamento apud acta.
Convocatoria dos cursos preparatorios para os certificados CELGA 1, 2, 3 e 4
3 de febreiro de 2021
"publicado no DOG"
No DOG de hoxe 3 de febreiro aprece publicado a Resolución do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).
Etiquetas: CELGA , DOG , Lingua galega
No DOG de hoxe 3 de febreiro aprece publicado a Resolución do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).
Etiquetas: CELGA , DOG , Lingua galega
Dirección Xeral de Educación convoca cursos gratuitos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga
20 de agosto de 2019
"Publicado no DOG"
Solicitudes e prazos de inscrición
Etiquetas:
cursos de formación
,
DOG
,
Lingua galega
Solicitudes e prazos de inscrición
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que se determinen as adaptacións pertinentes.
Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4
19 de febreiro de 2019
"Publicado no DOG"
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4.
Etiquetas:
CELGA
,
DOG
,
Lingua galega
Convocatoria de cursos CELGA - DOG 6 2 2018
12 de febreiro de 2018
"publicación no DOG"
RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certi cados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario O cial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certi cados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario O cial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Último día.- 26 de febreiro.
Etiquetas:
CELGA
,
cursos
,
Lingua galega
Cursos de linguaxe administrativa e xurídica
2 de xaneiro de 2018
"Publicado no DOG"
Publicación no DOG de hoxe, 2 de xaneiro de 2018, da resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan os CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA para persoal ao servizo das distintas administracións da CCAA de Galicia para o ano 2018.
ligazón DOG
Etiquetas: 2018 , cursos , Formación , Lingua galega , linguaxe xurídica galega
Publicación no DOG de hoxe, 2 de xaneiro de 2018, da resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan os CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA para persoal ao servizo das distintas administracións da CCAA de Galicia para o ano 2018.
ligazón DOG
Etiquetas: 2018 , cursos , Formación , Lingua galega , linguaxe xurídica galega
Convocadas as probas para a obtención dos certificados Celga 2017
5 de abril de 2017
"publicado na intranet"
No DOG número 66 do martes 4 de abril de 2017 publicouse a RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017 (código de procedemento ED114A).
Etiquetas: Lingua galega
Etiquetas: Lingua galega
Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega
18 de agosto de 2016
No Diario Oficial de Galicia número 155, do 18 de agosto de 2016, publícase a Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).
Ligazón
Etiquetas: Formación , Lingua galega
Ligazón
Etiquetas: Formación , Lingua galega
Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4
16 de xuño de 2016
No Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2016, publicouse a Resolución do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).
Ligazón permanente
Etiquetas: Formación , Lingua galega
Cursos superiores de linguaxe xurídica: abril-xuño de 2016
4 de marzo de 2016
No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 3 de marzo de 2016, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) publica dúas convocatorias de cursos superiores de linguaxe xurídica. Unha está destinada ao persoal ao servizo da Administración de xustiza que presta servizos fóra de Galicia. E a outra diríxese ao persoal ao servizo da Administración de xustiza e a outros colectivos relacionados coa xustiza que prestan servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
As actividades formativas convocadas, cinco cursos en total destinados a 150 persoas, desenvolveranse na modalidade de teleformaciónentre o 4 de abril e o 5 de xuño. Para acceder aos cursos de nivel superior cómpre ter superado ou validado o curso de nivel medio de linguaxe xurídica galega, o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes.
Os cursos destinados ao persoal que presta servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia dirísxense aos seguintes colectivos:
- xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza
- persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia
- letrados da Xunta deGalicia
- notarios, rexistradores da propiedade, avogados e procuradores
- alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia
- profesores de linguaxe de signos
- persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza
- persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza
Máis información:
Convocatoria para persoal que traballa dentro de Galicia
Convocatoria para persoal que traballa fóra de Galicia
Publicado en Foro Lingua
-- https://intranetxustiza.xunta.
Etiquetas: Formación , Lingua galega
Curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal destinado en Galicia
3 de marzo de 2016
No Diario Oficial de Galicia número 43, do 3 de marzo de 2016, publicouse a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 25 de febreiro de 2016, pola que se convoca un curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ligazón
Etiquetas: Formación , Lingua galega
Curso superior de linguaxe xurídica para persoal destinado fóra de Galicia
No Diario Oficial de Galicia número 43, do 3 de marzo de 2016, publícase a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 25 de febreiro de 2016, pola que se convoca un curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ligazón
Etiquetas: Formación , Lingua galega
Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega
7 de xaneiro de 2016
No Diario Oficial de Galicia número 3, do 7 de xaneiro de 2016, publícase a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).
Ligazón
Etiquetas: Lingua galega
Alternativas solicita a convocatoria do curso superior de linguaxe xurídica galega
17 de setembro de 2015
DIRECTORA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rua de Madrid nº 2-4
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
No DOG do día 15 de setembro, tras meses de longa espera, de envíos de cartas de protesta, de escritos asinados por centos de traballadoras/es, por fin se publicou a convocatoria da formación a distancia dos cursos de Linguaxe Xurídica.
Cal é a nosa sorpresa que na convocatoria aparecen os cursos de Linguaxe Xurídica Media pero non aparecen por ningunha parte os cursos do Nivel Superior, que precisamente son os que teñen unha maior demanda, xa que a maioría das traballadoras/es xa realizaron o curso Medio en anteriores convocatorias ou cando traballaban de funcionarios, funcionarias interinos.
Alternativas na Xustiza Galega-CUT (AXG-CUT) considera isto un ataque frontal contra o idioma galego e un desprezo absoluto os traballadores/as galegos que se atopan “emigrados” por outras Comunidades Autónomas.
Xa o explicamos en moitas cartas e reunións pero non temos problema en recordarlle que a non convocatoria dos cursos de Linguaxe Xurídica Superior “condena” a centos de traballadores a retrasar varios anos a súa volta a Galicia. Un curso equivale a 6 anos de antigüidade.
Non menos indignante é que unha Administración que ten entre as súas obrigas defender e potenciar o idioma galego quebrante as súas funcións máis elementais desprezando o nosa lingua.
Tamén nos escandaliza que Consello Reitor da EGAP que est constituído, entre outros, por profesores de Universidade, Sindicatos, Catedráticos de Universidade, algún Presidente da Deputación e o propio Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, permaneza impasible, ou mirando para outra banda mentras se despreza o idioma galego e os traballadores que queren facer o curso.
Por todo o exposto SOLICITAMOS, que COa menor brevidade posible e sempre meses antes de que se convoque o seguinte concurso de traslado na Administración de Xustiza, se convoquen cursos superiores de Linguaxe Xurídica Galega.
16 de setembro de 2015.
Asdo. Pablo Valeiras Rios
Portavoz de Alternativas na Xustiza Galega-CUT
Etiquetas: Formación , Lingua galega
Teleformación: Cursos de linguaxe xurídica galega
15 de setembro de 2015
No Diario Oficial de Galicia número 176, de 15 de setembro de 2015, publicáronse as seguintes resolucións:
RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca un curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ligazón
RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca un curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ligazón
Etiquetas: Formación , Lingua galega












