O 22-M volve con forza para encher o Obradoiro o 29-N

23 de outubro de 2014

Logo da exitosa convocatoria do pasado 22 de marzo en Madrid, onde centos de milleiros de persoas chegadas de todos os puntos do Estado relcamaron "pan, traballo e teito", a Columna Galega das Marchas da Dignidadevolverase mobilizar o vindeiro sábado 29 de novembro en Compostela. Insistirán nas reivindicacións "máis presentes que daquela" baixo o lemaOcupemos o Obradoiro e coa intención de encher a praza e as rúas unha vez máis.


Rolda de prensa para presentar o 29-N @esquerdaunida
"O desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora e os sectores populares temos que enfrontalas, polo que imos estar na rúa de forma masiva", asegurou Manuel Camaño, un dos voceiros da Columna Galega, que presentou as protestas este mércores no Obradoiro. Os participantes na marcha volverán chegar desde varios puntos de Galicia para reivindicar "pan, traballo e teito". "Aí está todo: temos dereito a unha vivenda digna e a que a barbarie non nos desaloxe dela; temos dereito a traballar con dignidade e non na precariedade e a escravitude; e tamén temos dereito a comer", lembrou Camaño.

A Columna Galega ve nesta manifestación, e logo do éxito do 22-M, un novo paso para "acabar" co actual réxime "vinculado ao modelo social do capitalismo". "Sabemos que non hai marcha atrás no reloxo do capitalismo e, polo tanto, entendemos que si é posible un sistema de xustiza social no que teñamos cabida todos", engadiu, tras facer referencia ao manifesto que abrangue a todos os colectivos que apoian as Marchas e nas que se acusa os gobernos europeos de "mentir, estafar e roubar", así como de "tomar medidas contra as persoas" en beneficio das "grandes corporacións que despois lles facilitan un cómodo retiro"."O desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora e os sectores populares temos que enfrontalas, polo que imos estar na rúa de forma masiva", asegurou Manuel Camaño, un dos voceiros da Columna Galega, que presentou as protestas este mércores no Obradoiro. Os participantes na marcha volverán chegar desde varios puntos de Galicia para reivindicar "pan, traballo e teito". "Aí está todo: temos dereito a unha vivenda digna e a que a barbarie non nos desaloxe dela; temos dereito a traballar con dignidade e non na precariedade e a escravitude; e tamén temos dereito a comer", lembrou Camaño.

"Temos que enfrontar o desemprego, a inxustiza e todas as secuelas que sofre a clase traballadora"
Á protesta do 29-N únense cada día máis colectivos -os últimos a Marcha Mundial das Mulleres ou A Ría Non se Vende-, ao igual que tamén continúan a crearse plataformas de apoio ás Marchas da Dignidade por distintas localidades do país. En Redondela, Lugo, Ponteareas, Ourense, O Barco, Monforte e Baiona creáronse novas asembleas ás que se unirán Nigrán, O Porriño, Gondomar e Sarria, ademais das xa conformadas desde hai meses.

Todas elas, e de cara á mobilización do sábado 29 de novembro, colaborarán nas xornadas de protesta que se desenvolverán en varias cidades o vindeiro día 6 baixo o lema Camiñando cara ao 29-N. Celebraranse nas sete cidades galegas. Ademais, a Columna Galega tamén contará con representación, xunto a outras moitas do Estado, na manifestación convocada en Oviedo co galldo da entraga dos Premios Príncipe de Asturias para este 24 de outubro.

As Marchas da Dignidade de Galicia están apoiadas xa por uns 50 colectivos en Galicia, desde sindicatos alternativos a movementos sociais, pasando por organizacións políticas, estudantís e culturais.


Publicado o 22/10/2014 en www.praza.com

Ligazón permanente