Asemblea informativa dos traballadores de xustiza de Ourense contra a privatización do Rexistro Civil

25 de marzo de 2015


O día 25 de marzo ás 13 horas convócase unha asemblea informativa de todos os traballadores da cidade de Ourense (funcionarios da administración de xustiza, procuradores, avogados) para denunciar o que suporía a privatización do Rexistro Civil para o cidadán.

Con esta privatización, os cidadáns veríanse obrigados a pagar por trámites ata o de hoxe gratuítos, verían como se pon en man privadas os seus datos persoais, ampliación de o número de actos a inscribir, etc... Os traballadores da administración de xustiza veranse prexudicados pola amortización de prazas, desparición dos concursos de traslado e traslados forzosos.

Por todo iso, é imprescindible que, todos os traballadores do xulgado de Ourense participen na asemblea para mostrar a oposición á privatización do Rexistro Civil.

Lugar da Asemblea: sala de vistas nº 1 do novo pazo de xustiza, na planta 0