• Xulgados por riba do 178% dos módulos que marcan o propio C.X.P.X
• As Medidas Previas á demanda (réxime de visitas, pensión alimenticia, atribución de domicilio familiar) se sinalaban para Abril do 2016.
• No último Trimestre 6 demandas presentadas no Xulgado de Familia nº 5 se derivaron o Xulgado de Violencia sobre a muller.
• Que o control semestral dos internamentos, o redor de 150 nestes momentos, derivados da garda de internamentos non se podía facer.
Os únicos que tiveron a iniciativa e o valor de denunciar publicamente nos medios de comunicación o colapso e sobre todo de loitar por un Xulgado de Reforzo de Familia para a cidade de Vigo foron os traballadores e os avogados que participaron nalgunha das accións emprendidas.
A participación activa dos traballadores, igual que sucedera na loita do Xulgado de Reforzo do Social de Vigo, foi a clave para lograr alcanzar a creación do novo Xulgado de Familia. Eles, tanto titulares como interinos, foron protagonistas en todas as roldas de prensa, nas recollidas de sinaturas, nas reunións, asembleas, etc.
Dentro de esta Unidade dos traballadores, debemos resaltar o papel dunha das compañeiras dos Xulgados de Familia, que foi quen de iniciar todo o proceso de loita, convencer o resto dos compañeiros da necesidade de denunciar a situación, de non decaer nos momentos máis difíciles, preparar a documentación, etc... Todos o que participamos na loita sabemos o seu nome.
Etiquetas: Reforzos , Vigo , Xulgados