O persoal inicia unha protesta polo colapso e a falta de medios para combater a violencia machista e denuncia os anuncios electoralistas da Xunta, que non se puxo en contacto para escoitar as súas demandas.
Seguimento total no primeiro día de folga nos Xulgados de Violencia sobre a Muller en Vigo. O persoal inicia unha protesta para evidenciar a falta de medios, denunciada durante semanas e ignorada polas institucións, que lles dificulta a loita contra a violencia machista e a protección das mulleres vítimas.
O persoal saíu esta segunda feira á rúa para visibilizar as súas demandas e facer partícipe á cidadanía do colapso que sofren osXulgados de Violencia sobre a Muller de Vigo. Só traballaron os servizos mínimos impostos pola Xunta, un xestor e un Auxilio Xudicial, que tamén apoian a protesta.
Ler máis
Diario de Pontevedra: Una huelga en el juzgado de violencia de de género de Vigo obliga a aplazar seis juicios
El Correo Gallego: Huelga en Vigo por el "colapso" en el Juzgado de Violencia sobre la Mujer
Faro de vigo: Paro en Vigo por el "colapso" y falta de medios en el Juzgado de Violencia sobre la Mujer
La Voz de Galicia: Los funcionarios de violencia de género incian la huelga
Etiquetas: Vigo , Violencia de xénero , Xulgados