Curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal destinado en Galicia

3 de marzo de 2016



No Diario Oficial de Galicia número 43, do 3 de marzo de 2016, publicouse a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 25 de febreiro de 2016, pola que se convoca un curso superior de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.


Ligazón


Anexo

O número de prazas do curso será de 90 (30 por edición). 

O curso impartirase segundo se indica a continuación:

FX16002 Curso superior de linguaxe xurídica galega 


Modalidade

   Horas

   Datas lectiva

   Exame final
Teleformación
   75
   4.4.2016 ao 5.6.2016
   10 de xuño
Teleformación
   75
   4.4.2016 ao 5.6.2016
   10 de xuño
Teleformación
   75
   4.4.2016 ao 5.6.2016
   10 de xuño