un significado.
Segundo se recolle nos medios de comunicación o candidato do PSOE Pedro Sanchez afirmou “Me equivoqué al llamar a Rajoy indecente en la forma, pero no en el fondo”.
Para min, sen embargo, unha persoa “indecente” é aquela que non é honesta e non respecta a dignidade e polo tanto é inxusto. Todas estas definicións aparecen no dicionario da RAE.
Para min unha persoa que incumpre co compromiso de non tocar as pensións, que incumpre co compromiso de non reducir o investimento en Educación, que incumpre o compromiso de non introducir o copago na Sanidade É INDECENTE.
Para min unha persoa que permite que no seu goberno participen ministros de Economía que esixen esforzos aos cidadáns mentres el utiliza tarxetas “black” para gastos.... ou ministros que negan os seus negocios en "paraísos fiscais" como Panamá É INDECENTE.
Non é menos INDECENTE aquela persoa que di antes das eleccións “no le podemos pedir más esfuerzos a los funcionarios” e pasadas as mesmas converte aos funcionarios galegos nos únicos que teñen recortes
Por certo, tamén me parece que unha persoa que pon as cuestións económicas por enriba das persoas enfermas, incluso deixándoas morrer tamén É ABSOLUTAMENTE INDECENTE
Vigo, 28 de abril 2016
Pablo Valeiras Rios
Voceiro de AXG-CUT
Etiquetas: Opinión