Calendario laboral 2017. Festas laborais de carácter local

12 de decembro de 2016

No Diario Oficial de Galicia número 235, do 12 de decembro, publicouse a Resolución do 29 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2017, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón permanente


Texto

En cumprimento do disposto no artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, así como no artigo 2 do Decreto 103/2015, do 15 de xullo, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2017 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 128, do 7 de xullo de 2016), segundo o procedemento establecido e en virtude das resolucións ditadas para o efecto, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, elaboraron o calendario laboral provincial en que se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes aos concellos da respectiva provincia –A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra–.

De conformidade co establecido no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 2 do Decreto 103/2015, do 15 de xullo, e ante a conveniencia de que se coñezan as festividades de ámbito local desta comunidade autónoma sen ter que consultar diferentes boletíns oficiais, é preciso que se lles dea publicidade nun único diario oficial.

En virtude do anterior, a Secretaría Xeral de Emprego acorda o seguinte:

Primeiro. Dar publicidade das festas de carácter local, inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables, para o ano 2017, que serán, para os concellos pertencentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as que figuran, respectivamente, nos anexos I, II, III e IV.

Segundo. Lembrar que, en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para coñecemento e consulta dos seus traballadores e traballadoras. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016