Principais alegacións de AXG-CUT á nova bolsa de interinos

30 de xaneiro de 2017

As alegacións de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT ao borrador da orde sobre selección e nomeamento de interinos baséanse en CINCO PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS:

1. TRANSPARENCIA. Esiximos ter un CONTROL exhaustivo de TODOS os CHAMAMENTOS de funcionarios interinos, especialmente dos urxentes (TODOS os chamamentos, incluída a hora da súa petición, deben ser notificados as OOSS a través do OPAX), co fin de evitar que se repitan situacións irregulares, como a acontecida hai uns días no xulgado mixto do Barco de Valdeorras. É preciso establecer criterios obxectivos.


 2. ANTIGÜIDADE. Solicitamos ELEVAR a puntuación máxima a 30 puntos (equivalentes a 10 anos traballados). Resulta sorprendente que sexamos o único sindicato que recolle esta petición posto que coa puntuación actual se despreza de maneira sangrante a todos aqueles traballadores que levan anos traballando de maneira eficiente e sobre todo para o servizo público, sendo un VALOR QUE NON SE PODE OBVIAR. Así mesmo solicitamos que se compute a antigüidade desde o ano 1992, data en que apareceron as primeiras listas oficiais de interinos e polo tanto legais. Ao desprezar a antigüidade, a Xunta pretende aforrar nos trienios dos interinos máis antigos. 

 3. RECOÑECEMENTO AO ESFORZO. Débese recoñecer o esforzo daquelas persoas que aproban os exames de oposicións. Por outra banda, ninguén pode negar, que adquiren os coñecementos necesarios para desenrolar o traballo diario nunha administración coma a de Xustiza, que pola súa temática, require unha determinada especialización. Solicitamos a subida dun punto por cada exercicio aprobado. 

 4. PRINCIPIO DE NON DISCRIMINACIÓN. Ao longo do texto, a DXX aplica o principio de presunción de culpabilidade cara o interino, alcanzando o clímax no artigo 13, onde inclúe un curso de formación OBRIGATORIO E ELIMINATORIO, para todos os interinos, tanto os que teñen experiencia como os que non.


 Dende AXG-CUT defendemos que os funcionarios interinos teñen os mesmos dereitos e obrigacións que os titulares, salvo a fixeza no posto. Por tal motivo, estamos en total desacordo con que aos funcionarios interinos se lle impoñan tres vías diferentes de sanción, polo que esiximos o MESMO RÉXIME DISCIPLINARIO QUE TEÑEN OS FUNCIONARIOS DE CARREIRA, polo que esiximos a ELIMINACIÓN

- Do cesamento do interino por falta de capacidade ou rendemento. 

 - O texto íntegro do artigo 13 (CURSO DE FORMACIÓN OBRIGATORIO E ELIMINATORIO),  SENDO AXG-CUT O ÚNICO SINDICATO QUE PIDE A ELIMININACIÓN COMPLETA DO CURSO. Adiantamos que, de non saír do texto este último artigo, recorreremos ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a norma.


 5. COÑECEMENTO DO GALEGO. Galicia é unha comunidade histórica onde o idioma debe ser un sinal de identidade. Entendemos que o galego debe ser valorado moi por riba do baremo actual. Por iso solicitamos que a puntuación se equipare a esixida no concurso de traslado (iniciación: 4 puntos, medio: 8 puntos e superior: 12 puntos).
  •  TITULACIÓN ACADÉMICA: AXG-CUT considera que se debe valorar a licenciatura en dereito, pero nunca con 7 puntos, posto que isto suporía unha subida de case un 60% respecto da bolsa anterior; por iso cremos necesario outorgarlle 4 puntos. 
  •  NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA: Non se pode permitir que os excluídos tarden ata 2 anos en ser notificados, impedindo, mentres tanto, que persoas da bolsa de reserva suban á bolsa de traballo. Esiximos, por tanto, notificación da exclusión da bolsa mediante correo electrónico ou whatssap. 
  • SUSPENSIÓN POR ACTIVIDADE PROFESIONAL NO SECTOR PÚBLICO OU PRIVADO: Tendo en conta que os interinos das bolsas de Letrados, Xuíces e Fiscais non teñen límite para a suspensión, solicitamos a suspensión sen límite e que, cando a suspensión sexa por mais de 180 días, a persoa pase ao final da bolsa na que se atope.


 A maiores solicitamos que si unha quinta parte polo menos dos integrantes da bolsa de traballo están en suspensión por realizar actividade noutro sector, público ou privado, se busque unha fórmula para que suban da bolsa de reserva e dar opción a traballar, sempre supeditado a que cando os cesen, volven baixar á bolsa de reserva.

  • CESAMENTO DE INTERINOS: Que se recolla no texto, para evitar o que está a acontecer coa bolsa actual, que cando un interino é nomeado para substituír a outro por enfermidade, non se aplique a regra de cesamento por levar máis de 18 meses, toda vez que non existe coincidencia de dous funcionarios interinos. Non facer isto sería ilegal pois impediría a un traballador coller baixa laboral.  
  • CHAMAMENTOS DE OFICIO: Que todos os chamamentos os faga a Xunta de Galicia de oficio; non podemos depender da celeridade dos Letrados Xudiciais. 
  • LIBRE ELECCIÓN DE BOLSA: Que cando un traballador sexa admitido en máis dunha bolsa, corresponderá ao traballador a elección da bolsa definitiva na que quere traballar, correspondendo a Administración a elección só no caso de que o traballador non efectuara a elección.