Alternativas na Xustiza-CUT denuncia unha vez máis o incumprimento das promesas por parte da DXX

16 de maio de 2017


Con data 26 de abril a Dirección Xeral de Xustiza remitiu aos sindicatos o listado de prazas vacantes que se ofertarán no concurso de traslado deste ano (2017).

Desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT (AXG-CUT) queremos facernos eco de que a DXX unha vez máis non só incumpre as súas promesas, senón que despreza aos centos de galeg@s que se atopan fora de Galicia desde fai moitos anos.



Na mesa sectorial celebrada o día 19 de decembro de 2016 en Santiago de Compostela, a DXX asumira o compromiso de consolidar as prazas de longa duración ( de máis de TRES ANOS) mediante a súa conversión en plantilla con persoal titular, e que actualmente están cubertas por REFORZOS: