"publicado na intranet"
Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data 15 de maio de 2017.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitución presentarán as súas solicitude conforme ao anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondenete apartado adicado ás substitucións entre titulares. no caso de que soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de correspoderlle máis dunha das prazas, seá a recollida na solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento avisos de desocupación (só accesible dende o posto de traballo).
Etiquetas: Substitucións