O traballo de AXG-CUT na nova bolsa de interinos

16 de xuño de 2017

3º BORRADOR DA BOLSA DE INTERINOS

Tras 5 meses a Dirección Xeral (Dxx) remitiu por mail o 3º borrador da orde que regulará o chamamento dos funcionarios interinos de Galicia. Nesta, aínda que se recollen varias das alegacións presentadas por ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT), modifica algúns puntos que se tornan moi prexudiciais e que consideramos imprescindible cambiar para evitar que moitos dos interinos que a día de hoxe traballan, na práctica non volvan a facelo.

ALEGACIÓNS DE AXG-CUT RECOLLIDAS


1. ANTIGÜIDADE. (MÁX. 30 PUNTOS)

AXG-CUT logra o recoñecemento da experiencia dos interinos, a pesar de ser o único sindicato que solicitou 30 puntos (equivalente a 10 anos traballados). Incluso algún sindicato criticou que a Xunta recoñecera os 30 puntos ao ser reclamados só por AXG-CUT.

Única maneira de recoñecer a experiencia dos traballadores.


2. PUNTUACIÓN EXAMES. (MÁX 28 PUNTOS)

Recolle a alegación de AXG-CUT de aumentar a puntuación por exame de oposición aprobado:

XESTIÓN: 5 ptos. Primeiro exercicio, 5 ptos. segundo exer., 4 tercer exer. MAX 14 ptos.

TRAMITACIÓN E AUXILIO: 7 ptos. Primeiro exercicio – 7ptos. Segundo exercicio. MAX 14 ptos.

PARA TODOS OS CORPOS: 3 puntos por exerc. superado na penúltima oposición. MAX 9 ptos.

Para calquera exercicio superado nas 3 últimas oposicións de Xustiza: 1 punto. MAX 5 ptos.


3. TITULACIÓN ACADÉMICA: (MAX. 6 PUNTOS)

A valoración do Dereito seguen mantendo a redución, como solicitaba AXG-CUT, quedando en 4 puntos.


4. COÑECEMENTO DO GALEGO. (MÁX. 6 PUNTOS)

A Dirección Xeral aumenta de maneira considerable, acercándose ao reclamado por AXG-CUT, a puntuación dos cursos de galego, que dende AXG-CUT consideramos necesario para unha comunidade histórica coma a galega, e para recoñecer o esforzo realizado polos traballadores interinos na realización dos cursos. As novas puntuacións son: 2 ptos iniciación - 4 ptos Linguaxe X. Medio e 6 Linguaxe X. Superior. Para Alternativas a valoración debe ser (iniciación 4 ptos, medio 8 ptos, superior 12 ptos)


5. NON DISCRIMINACIÓN ÁS ENFERMIDADES E A MATERNIDADE

AXG-CUT foi o único sindicato que pediu na mesa o cambio de criterio no cesamento dos interinos que se atopen enfermos ou en período de maternidade ao chegar aos 18 meses, (evitándose así as situacións que se daban na bolsa actual, como interinos cesados por ter un cancro, ou mulleres cesadas a volta da lactación).


6. MAIOR CONTROL CHAMAMENTOS URXENTES

Ante o descontrol nos chamamentos urxentes que daban lugar a situacións cando menos “dubidosos”, recóllese o reclamado por AXG-CUT de rexistrar os datos das chamadas efectuadas, (incluídos os números de reintentos de chamadas á mesa persoa), gardando para cada un deles o día e hora de chamada. E o sistema disporá dun sistema de consulta de todos os nomeamentos urxentes.


7. LIBRE ELECCIÓN DE BOLSA

A Dirección Xeral mantén a postura que defende AXG-CUT de que sexa o traballador que estea admitido en máis dunha bolsa, o que decida en que bolsa quere traballar.


8. RECOÑECEMENTO DO NÚMERO NA BOLSA

Tralas reclamacións de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT, a xunta recoñece o dereito do funcionario que cese con posterioridade a constitución da nova bolsa, a ocupar o posto que lle corresponda de acordo coa puntuación obtida.


ALEGACIÓNS NON RECOLLIDAS (ESCUROS)

· Para AXG-CUT é “desprezable” o intento da xunta de ignorar a experiencia dos funcionarios interinos, posto que SEGUE MANTENDO O ANO 2004 como data de comezo PARA COMPUTAR A ANTIGÜIDADE en lugar do ano 1992, ano de entrada en vigor da primeira bolsa de interinos.

· ELIMINACIÓN BOLSA DE RESERVA. A Xunta elimina a bolsa de reserva e unifica nunha mega bolsa de traballo a todos os traballadores. Isto unido á ampliación a 360 días do prazo para ir ao final da bolsa provocará que os traballadores que estén nos primeiros postos, traballarán no mellor dos casos unha soa vez no período de vixencia da bolsa, e probablemente o resto nunca.

· Se ben é certo que a xunta reduciu de maneira moi importante o número de traballadores obrigados a facer o curso obrigatorio e eliminatorio (aqueles traballadores con menos de 6 meses traballados nos últimos 5 anos), a obriga dun curso de formación e as prácticas supón unha DISCRIMINACIÓN COS FUNCIONARIOS DE CARREIRA..

· A xunta, a pesar do noso pedimento, continúa incluíndo os cursos de informática dentro dos cursos de formación continua, valorando unicamente como FORMACIÓN INFORMÁTICA OS TÍTULOS UNIVERSITARIOS OU DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

· Non recollen a SUSPENSIÓN POR ACTIVIDADE PROFESIONAL NO SECTOR PÚBLICO OU PRIVADO sen límite coma os Secretarios, Xuíces e Fiscais, senón por unha soa vez.

· CHAMAMENTOS DE OFICIO: A Dirección Xeral segue deixando en mans dos Letrados Xudiciais os chamamentos en vez de ser a propia Dirección Xeral, tal e como solicita AXG-CUT, a que o faga de oficio para evitar así as causas que poden levar aos Letrados Xudiciais a facelos en tempo e forma.

· CURSOS DE FORMACIÓN: No novo texto recollese que “non se valoraran cursos cunha antigüidade superior a 5 anos”. Para AXG-CUT isto é ilegal xa que impediría que cursos de leis que estaban e están en vigor actualmente se valorasen provocando que moitos dos cursos que teñen os traballadores non sexan valorados.

A Administración o único que pretende con esta medida é reducir de maneira considerable o número de cursos a valorar sen preocuparlle o prexuízo sobre os traballadores


Galicia, 13 xuño de 2017