Amosando publicacións coa etiqueta bolsa interinos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bolsa interinos b>. Amosar todas as publicacións
Bolsa interinos Baleares. Convocatoria
13 de marzo de 2024
"publicado na páxina do Ministerio"
Etiquetas:
bolsa interinos
,
Convocatoria
,
instancias
Resolución de 13 de marzo de 2024, de la Gerencia Territorial de Justicia de las Islas Baleares,
por la que se acuerda la aprobación de la convocatoria de la bolsa de trabajo de funcionarios
interinos de los cuerpos generales al servicio de la Administración de Justicia en la
Comunidad Autónoma de las Islas Baleares y de sus bases.
Presentación instancias: 20 días naturales a partir de la publicación en la página del Ministerio
Inicio: 14 marzo
Finalización: 2 abril
Exclusivamente por vía telemática en el Asistente de Inscripción bolsas interinos cuerpos Gestión, Tramitación y Auxilio Judicial
Listaxe definitiva das Bolsas de interinos
14 de setembro de 2022
"publicado na intranet"
Publicado na intranet con data do 13 de setembro de 2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproban as listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022.
Estas listaxes que poderán consultarse a través da OPAX (https://opax.xunta.es) entrarán en vigor ao día seguinte desta publicación e substituirán as listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.
Accede o contido completo premendo na seguinte ligazón:
Etiquetas:
bolsa interinos
,
listaxes definitivas
Persoal interino. Finalización do prazo para a elección de bolsa o día 09/09/2022
6 de setembro de 2022
"publicado na intranet"
Recórdase que o día 9 de setembro finaliza o prazo para a elección de bolsa.
Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas tanto en bolsa coma baremadas sen bolsa en distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.
A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.
Non será válida unha elección de bolsa en estado borrador.
Etiquetas:
bolsa interinos
,
prazo
Persoal interino . Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo
3 de xuño de 2022
"publicado na intranet"
O prazo para presentar alegacións comprende do día 06.07.2022 ao 17.06.2022.
Etiquetas:
admitidos
,
bolsa interinos
,
excluidos
,
listaxe provisional
LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS DAS BOLSAS DE TRABALLO DE PERSOAL INTERINO DOS CORPOS XERAIS AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA CONVOCADAS POLA RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA DO 28 DE XANEIRO DE 2022.
As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario disponible na aplicación informática https://opax.xunta.es .
Formación das novas bolsas para persoal interino
8 de febreiro de 2022
"publicado no DOG"
A Dirección xeral de xustiza vende publicar no DOG; RESOLUCION de 28 de xaneiro de 2022, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A).
Obxecto da convocatoria
1.- Convócase o proceso de formación de bolsas de traballo para desempeñar interinamente os postos de persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial nos órganos da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A).
2.- Esta convocatoria regúlase polo establecido na Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de outubro de 2018, sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, modificada pola Orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, do 30 de novembro de 2021 (de aquí en diante, a Orde do 4 de outubro de 2018).
Requisitos das persoas solicitantes
Etiquetas: bolsa interinos , DOG , DXX , interin@s
Información da Mesa Sectorial 8/06/21
9 de xuño de 2021
Na Mesa Sectorial que tivo lugar hoxe e na que se ía negociar a futura bolsa de
funcionari@s interin@s, aproveitamos para falar dos seguintes temas:
OUTROS
As denuncias nos medios de comunicación presentadas por AXG-CUT dá resultados. A Xunta levará a Comisión Mixta a posibilidade de poñer medidas de reforzo para os Xulgados de Vilagarcía, Cangas, Caldas
Etiquetas: bolsa interinos , Fiscalia , Mesa Sectorial Xustiza , Reforzos
Negociación bolsa funcionari@s interin@s Galicia
25 de maio de 2021
No día de onte tivo lugar a Mesa Sectorial de Interinos.
Chamamentos interinos 16.09.2020
16 de setembro de 2020
As prazas ofertadas a interin@s no día de hoxe son:
CORUÑA
- Xulgado do Social nº 1 Coruña - TPA - zona 1 - Desocupado por: baixa por enfermidade.
- Xulgado do Social nº 4 Santiago de Compostela - AX - zona 2 - vacante
- Xulgado do Contencioso-administrativo nº º1 Ourense - TPA - zona 1 e 2 - Desocupado por: baixa por enfermidade.
Este mércores 16 de setembro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir a ratio de duas persoas por praza.
Como consecuencia, enviouse correo electrónico e fíxose chamada telefónica a única funcionaria interina que nestes momentos está dispoñible nas bolsas do corpo de tramitación procesual e administrativa que deberá comunicarnos no prazo de 24 horas (antes das 9:00 horas do xoves día 17 de setembro) a través do correo electrónico (servizoxustiza.vi@xunta.es) ou por fax (986 817001) a aceptación das prazas ofertadas e a orde de preferencia:
As prazas ofertadas son:
- XULGADO DE INSTRUCIÓN NÚMERO 3 DE PONTEVEDRA –CTPA- (S.V. DO/A TITULAR) ZONA 1
Tal e como se recolle no artigo 20 da Orde de 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino, o luns día 21 de setembro de 2020 comunicaremoslle a relación de prazas aceptadas e as persoas seleccionadas.
Etiquetas: bolsa interinos , chamamentos , Interinos
Listaxe definitiva da bolsa de interinos GALICIA
2 de xuño de 2020
Listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019
Publicación das novas listaxes de interinos de Galicia o 2 de xuño
27 de maio de 2020
Por parte da DXX, remiten o seguinte comunicado:
Comunícase que a publicación da Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020. A mencionada publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería.
Etiquetas:
bolsa interinos
,
publicación
,
Xustiza
Comunícase que a publicación da Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020. A mencionada publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería.
AXG-CUT esixe de novo a reactivación dos nomeamentos paralizados pola COVID-19
18 de maio de 2020
En tanto a CCAA galega ten paralizados os chamamentos de interinos dende o 13 de marzo e sen resolver as prazas ofertadas a substitución entre titulares, outras CCAA non paralizaron en ningún momento estes procesos, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA - CUT ESIXE Á DXX que retome estes temas e volter á normalidade, como antes da declaración do estado de alarma e da COVID-19.
Etiquetas: baixas por IT , bolsa interinos , COVID-19 , publicación , Substitucións
O prazo para presentar solicitudes da bolsa de interinos remata o 11 de febreiro
7 de febreiro de 2020
"publicada na intranet"
Recordamos que o día 11 de febreiro finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos.
É moi importante ter en conta que non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple gravado de datos xérase unicamente un borrador, que hai que validar e presentar, sexa electronicamente, con certificado dixital ou DNI electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Etiquetas: bolsa interinos , Intranet Xustiza
Recordamos que o día 11 de febreiro finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos.
É moi importante ter en conta que non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple gravado de datos xérase unicamente un borrador, que hai que validar e presentar, sexa electronicamente, con certificado dixital ou DNI electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Etiquetas: bolsa interinos , Intranet Xustiza
Correción de erros na listaxe de admitidos e excluidos na bolsa de interinos de Galicia
30 de xaneiro de 2020
"publicada na páxina web da Conselleria de Xustiza"
Corrección de erros da Resolución do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.
Bolsa de interinos: subsanación de erros na valoración dos méritos
12 de decembro de 2019
Onte recibimos a seguinte comunicación da Dirección Xeral de Xustiza:
Para o voso coñecemento, damos traslado da incidencia detectada por unha comprobación posterior á reunión Comisión Paritaria que tivo lugar o pasado día 25/11/2019 nas listaxes provisionais de admitidos e excluídos da bolsa de interinos do persoal ao servizo da Administración de Xustiza e que afecta exclusivamente á valoración dos exercicios aprobados das últimas convocatorias de Xestión e Tramitación procesual (ORD/ JUS/1165/2017 e ORD/ JUS/1166/2017).
Etiquetas:
bolsa interinos
,
subsanación de erros
Listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia
28 de novembro de 2019
"Publicado na intranet"
Etiquetas:
bolsa interinos
,
intranet
,
OPAX
Dende hoxe, as listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia estarán só disponibles na OPAX, na ruta "Menú-Bolsa de interinos-Listaxes".








