Alegacións de AXG-CUT ao segundo borrador do texto de comisións de servizo

22 de setembro de 2017

O pasado día 20 de setembro, fomos convocados pola DXX á 2º mesa técnica para traballar sobre o segundo borrador do texto de comisións de servizo. O borrador presentado pola Administración non introduciu practicamente ningún cambio con respecto ao primeiro.

A primeira conclusión que debemos sacar desta 2ª técnica é que a Subdirectora Xeral descoñece o gran número de compañeiros galegos que están fora da súa casa e a de anos que tardan en chegar a Galicia. O exemplo máis claro do desprezo aos traballadores galegos é que negase a recoller no texto que cada vez que exista una praza vacante se faga unha convocatoría de Comisión de Servizo.


Non recoller no texto a garantía de publicación podería provocar que @s traballador@s pasen meses sen convocar comisións de servizo e os compañeiros non poder vir a Galicia e que a Xunta non cubra durante eses meses as prazas.

Artigo 1.-  AXG-CUT solicitou, para evitar que nas futuras Rpt´s se poda discriminar aos compañeiros que actualmente son escala por non ter a titulación, a introdución da denominación de escala xunto ao corpo.

Artigo 2.- AXG-CUT esixiu, para evitar as discrecionalidades da Dirección Xeral, que se retirara a palabra “poderá” por “será cuberta mediante o outorgamento dunha comisión de servizo” para así garantir que sempre se cubrirán as prazas por comisión de servizos . Solicitamos tamén que quede claro que a orde para cubrir unha praza vacante será; en primer lugar ofertarase a comisión de servizo, se non hai solicitantes pasamos á oferta da praza por substitución, caso negativo pasaríamos ao nomeamento de funcionario interino.

Artigo 3.- Este artigo está pendente do informe da asesoría xurídica. Tal como está recollido hai riscos de que a norma poda ir en contra da L.O.P.X

Artigo 4.- A DXX segue obcecada en esixir un período mínimo de seis meses de desempeño efectivo no posto de traballo desde onde participa. AXG-CUT solicitou a eliminación.

Artigo 5.- Para evitar a discrecionalidade dende AXG-CUT esiximos a supresión da frase “e apreciada a necesidade e ideonidade da cobertura mediante comisión de servizo”. Para AXG-CUT todas as prazas vacantes deben cubrirse en Comisión de Servizos. A Xunta non pode decidir unilateralmente cal si e cal non.

Artigo 6.- Estamos en contra de que se solicite informe preceptivo e non vinculante da persoa responsable do órgano, por dúas razóns. Primeira porque non é vinculante, non hai razón para pedilo, e segunda, porque nos concursos de traslado non se fai mención algunha a este informe, sendo un proceso senón idéntico, similar ao das comisións de servizo.

Artigo 7.- Dende AXG-CUT consideramos que os únicos criterios para a Adxudicación deben ser a antigüidade e o Galego igual que pasa nos concursos de traslado (isto beneficiaría aos funcionarios galegos). A Dirección afirma que estudará a proposta.

Artigo 9.-  A Dirección pretende a “rendición e renuncia aos nosos dereitos” simplemente por que criminalizan de maneira preventiva a todo aquel que esté de baixa, aínda que esta sexa sobrevida. E os que estén de vacacións o de permiso deben renunciar por agradecemento de poder vir a Galicia.
A Xunta unha vez máis demostran un principio paternalista e caciquil sobre os traballadores.

Neste artigo a recolle a seguinte:

A.- “a incorporación producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución”. Por tanto unha persoa que esté de baixa por enfermidade, aínda que sexa sobrevida vacacións, permiso ou situación análoga ten que renunciar a todo, e ir ao Xulgado a tomar posesión.

B.- ligada á anterior cuestión, “que se interrompen as vacacións, licenzas e permisos”, e hai que pedilas de novo.
Para AXG-CUT non se pode obrigar a renunciar a dereitos consolidados. Só a efectos ilustrativos: A Xunta pretende que se alguén esta cun permiso por falecemento renuncie a el para poder coller a Comisión de Servizo

Artigo 11.- Dende AXG-CUT reiteramos a necesidade de reducir a penalización por renuncia, dun ano a seis meses. Tamén solicitamos que as penalizacións non se poden realizar de maneira xenérica, interesamos que non se penalicen a aquelas persoas que o xustifiquen ou acrediten debidamente.

Por último, solicitamos que a praza libre que deixa o adxudicatario da comisión de servizo, sexa cuberta mediante o sistema de substitucións o que permitiría fomentar a carreira profesional e esta por funcionarios interinos.