Contestación aberta ao Director Xeral de Xustiza e Letrado Xudicial, Juan Jose Martín.

15 de novembro de 2017


Alternativas na Xustiza-Cut


O pasado sabado 11 de novembro vostede afirmou na Cadena Ser  (prema aquí para escoitar o audio) que “negaba a falta de dialogo cos Sindicatos” “que debemos tranquilizarnos os Sindicatos” “que debemos poñernos a falar” “que dende o ano 2012 levamos creadas 125 prazas na Administración de Xustiza” “acabamos de crear 14 prazas nos equipos psicosociais” “abertos a iniciar o dialogo” “que as algunas das reclamacións reivindicativas son do Goberno Central”.

As afirmacións por vostedes vertidas, non sabemos se dende a ignorancia, consentida ou natural, o dende a mala fe merecen ser aclaradas.


“Negar a falta de dialogo”.- O dialogo non existe dende que a Xunta de Galicia decidiu “roubar” o CAT aos traballadores da Xus¬tiza, convertendonos na “única” CC.AA que tivo 4 anos de recortes (10.000€ Médicos Forenses, 5.000€ Xestores, 3.880 Tramitadores e 3.440€) HAI QUE TER CARA!! 

“Que dende o ano 2012 crearonse 125 prazas na Xustiza”. Descoñece ou nega que dende o ano 2013 amortizaronse a través do concurso de traslado, xubilacións o directamente decenas de prazas nos xulgados de paz, audiencias provinciais, contenciosos e incluso xulgado de familia. Para afirmar que as prazas de equipos psicosociais son da Administración de Xustiza HAI QUE TER MOITA CARA!! Pois non é persoal de xustiza 

“Que algunha das reivindicacións salariais son do Goberno Estatal”. Facer tal afirmación o “deslexitima” como negociador válido, por iso esiximos que esté alguén de facenda, que teña máis credito que vostede, nas negociacións e do que podamos fiarnos.

Miré vostede!!, O Complemento Transitorio “Autonómico”, chamase así por algunha razon, e non é por ser emprededor. Polo tanto en absoluto es algo do Goberno Central. DEIXE DE BUSCAR ESCUSAS DE MAL PAGADOR 

O 100% das substitucións cobrase no 90% das CC.AA coa mesma normativa estatal. Polo tanto Galicia non ter que ser menos que o resto. Como Secretario Xudicial en excedencia debería sabelo, tamén como Director Xeral.

A “Criminalización Sanitaria” dos traballadores da Xustiza e a “discriminación sanitaria” con respecto a Maxistrados e Fiscais é posible evitarla, os traballadores da Comunidade Autonóma de Navarra e Aragón están equiparados a Maxistrados e Fiscais.

NON Á DISCRIMINACIÓN¡¡¡