26 marzo - San Caetano

24 de marzo de 2018


MOBILIZACIÓNS LUNS 26 DE MARZO

O luns día 26-Marzo ás 11.00 horas hai xuntanza de "negociación" coa Xunta en San Caetano.

Pedimos o voso apoio presencial en Santiago sobre as 10.30 horas na entrada de San Caetano (a que está enfrente a estación de autobuses).

Non faltes; é importante que se visualice o apoio ó Comité e a indignación do colectivo contra as mentiras da Xunta.

Igualmente remitimos escrito adxunto  Preme para descargar o escrito en PDF para que o imprimades e logo de cubertos os datos, presentarémolo tód@l@s traballador@s da xustiza galega o propio luns na Xunta DEIXANDO BEN CLARO QUE O COLECTIVO REXEITA A OFERTA DE PECHE DA XUNTA.

O anterior, á vista de que tanto Feijoo como Rueda tentaron aproveitar a votación que fixemos esta semana para vender nos medios de comunicación que o resultado significa que o colectivo acepta a súa ultima oferta entendemos que a resposta mais axeitada debe partir do propio colectivo, deixando claro que a única intepretación correcta da dita votación e que o colectivo facultou ó comité de folga para negociar sin o límite mínimo de 190 euros. 

 Nota: _os traballador@s que non poidades asistir a Santiago,  podedes presentalo en calquera Rexistro da Xunta de calquera localidade galega, ou podedes mandar por fax a estes numeros 981 546201 /  981 546222 / 981 546224.

A copia do escrito,  pasarémola ó COMITÉ DE FOLGA para q poidan controlar o número  real de escritos presentados.

DIGNIDADE E RESISTENCIA!!! 

NON Á DISCRIMINACIÓN LABORAL NA XUSTIZA GALEGA!!!