Os sindicatos piden aos traballadores da Xustiza que os apoien para que a Xunta non impoña as súas condicións

24 de marzo de 2018


"publicado en galicia confidencial"


Resultado de imagen de folga xustiza
Chaman a unha mobilización o luns para visibilizar o seu apoio ao comité de folga. Cren que Feijóo e Rueda, coa axuda dos grandes medios de comunicación "subvencionados", tentan dividilos e aproveitar a votación para impoñer a súa oferta.

Os sindicatos chamaron aos traballadores da xustiza galega a mobilizarse o vindeiro luns, día 26 de marzo, ante o edificio da Xunta en Santiago, para mostrar o seu apoio ao comité de folga nas reunións que manterá co Goberno galego parar achegar posturas e tentar pór fin ao paro indefinido no sector.