"publicado en praza pública"
Este luns terá lugar en Compostela unha nova xornada de negociación entre sindicatos e Xunta para buscar un acordo que poña fin á folga que xa dura máis de mes e medio. Ese día, ademais, o Comité de Folga, que integran Alternativas da Xustiza-CUT, CIG, UGT, CCOO, CSIF, STAJ e USO, convocou unha concentración ás 10.30 ante o edificio administrativo de San Caetano para amosar o seu apoio ás reivindicacións que o persoal leva 45 días reclamando.
Pablo Valeiras Ríos, responsable de Alternativas na Xustiza-CUT, contestou este sábado á carta enviada polo director xeral de Xustiza e ás palabras do presidente da Xunta, sinalando que existen ainda grandes diferenzas entre a suba de 190 euros mensuais demandada polo persoal e a mellor oferta do Goberno galego. "Dende os 190€ aos 105€ que pon a Xunta enriba da Mesa hai moito bacalao que cortar como para que todo un Presidente afirme que os traballadores da Xustiza Galega están dispostos a asinar o documento da Xunta de Galicia. A ignorancia é atrevida", afirma Valeiras.