Amosando publicacións coa etiqueta #7F. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #7F. Amosar todas as publicacións

Xustiza en loita: dignidade e resistencia

31 de maio de 2018




"Na prensa"


Resultado de imagen de folga na xustiza
Protesta durante a folga








El comité de huelga de los funcionarios de la Administración de Justicia de Galicia ha decidido hoy desconvocar el paro, que acumulaba 114 días naturales consecutivos, 117 en total, han informado a Efe fuentes sindicales.

Comunicado do comité de folga

Na reunión mantida na mañá de hoxe en Santiago de Compostela polo Comité de Folga, integrado por Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG, redactou un comunicado no que, por maioría, e despois de 114 días, acordou desconvocar a folga indefinida iniciada o día 7 de febreiro e preavisada o día 11 de decembro de 2017:


"Inspeccións sorpresa" da Xunta de Galicia aos xulgados

30 de maio de 2018

Dende 1996, data da transferencia da Administración de Xustiza á Xunta de Galicia as inspeccións aos xulgados por parte da propia Xunta de Galicia non existiron, salvo para algunha presentación para os medios de comunicación.

O acordo da infamia e a traizón

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 24 de maio 2018 polo que se aproba o acordo acadado o 23 de maio de 2018 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO., para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.



Funcionarios da Xustiza denuncian "represión da Xunta" polo expediente a dous delegados sindicais

29 de maio de 2018

"Na prensa"
actualizado: 22:00 horas.


Funcionarios de justicia se concentran en Vigo
Concentración en Vigo
AXG-CUT denuncia "inspeccións sorpresa" e "con fin revanchista" da Xunta nos xulgados.

Concentracións solidarias de traballador@s contra a apertura de expedientes sancionadores contra dous delegados sindicais e traballador@s do rexistro civil de Vigo.

Queremos agradecer a presenza dos traballadores e traballadoras que amosaron nas concentracións toda a súa solidariedade cos dous delegados sindicais que teñen abertos expedientes sancionadores por exercer a súa función sindical e c@s traballador@s do rexistro civil de Vigo, que tamén teñen expedientes abertos.

Compre salientar tamén a "ausencia" dos delegados sindicais das organizacións sindicais que negociaron ás costas d@s trababallador@s. 

Nos despachos oficiais, negociando por detrás do comité de folga e d@s traballador@s non se abren expedientes. O trato é, nese entorno, moito máis distendido: tal e como dixo A.Rueda: "Se sentían cómodos".


A Coruña

Comunicado da Dirección Xeral de Xustiza: solicitude de NON PRORRATEO dos descontos da folga

28 de maio de 2018

"publicado na intranet"

Na seguinte ligazón (MODELO DE SOLICITUDE) ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que NON desexe acollerse ao rateo dos descontos por xornadas de folga pendentes de aplicar na nómina.

A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro xoves 31 maio de 2018.


"Medios e esforzos" para recuperar o traballo

27 de maio de 2018

"Na prensa"


Resultado de imagen de folga xustiza

Cadenas apuntou que na "primeira aproximación" para definir o plan de recuperación do traballo "o único que se deixou claro" é que, antes de profundar nas medidas a seguir, é preciso coñecer "a situación de cada órgano neste momento", sendo os "máis afectados" os da xurisdición social e penal.

O presidente do TSXG reclama "medios e esforzos" para recuperar o traballo dos xulgados após o fin da folga
Ligazón á noticia - Galicia Confidencial

El presidente del TSXG reclama "medios y esfuerzos" para recuperar el trabajo de los juzgados tras el fin de la huelga
Ligazon á noticia - Europa Press

Cadenas reclama "medios y esfuerzos" para recuperar el trabajo de los juzgados tras el fin de la huelga


A consumación da traizón

23 de maio de 2018

"Na prensa"

Firma del acuerdo con los sindicatos de la Xunta

Los tres sindicatos de justicia (SPJ-USO, UTG y CC.OO.) que se habían adherido a la oferta que el Gobierno gallego planteó en la mesa sectorial han firmado este miércoles el acuerdo. Este paso, previo a su aprobación por parte del Consello de la Xunta, facilita que se aplique "ya" en los puntos en que sea posible y que, en consecuencia, que los funcionarios perciban las mejoras salariales en su nómina de junio.

Nota informativa do comité de folga


Dende AXG-CUT, STAJ e CIG pensamos que a Xunta está xogando cos intereses dos traballadores e das traballadoras e ó mesmo tempo con aqueles que se prestaron a ese xogo dado que a día de hoxe seguimos sen ter nada de maneira oficial nin legal.

Reunión do comité de folga

22 de maio de 2018

"En prensa"



"Soy sindicalista ... y he pecado"

21 de maio de 2018


Carta dunha funcionaria de xustiza:

Soy una funcionaria de la Administración de Justicia de Galicia y hoy quiero confesar que he cometido un pecado…. Soy sindicalista (da igual el sindicato) y creo en el movimiento sindical.

DOG: Orde deixando sin efecto os servizos mínimos

"Publicado no DOG"

ORDE do 18 de maio de 2018 pola que se deixa sen efecto a Orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.

Artigo único
Deixar sen efecto os servizos mínimos determinados mediante a Orde do 5 de febreiro de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 26, do 6 de febreiro), dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Despois de 101 días: NON É NON!! - Hoxe consumouse a traizón

18 de maio de 2018


"Na prensa"


Mobilización do persoal de Xustiza en Pontevedra


A Xunta de Galicia rexeitou este venres prorrogar o prazo para decidir sobre a oferta que realizou aos sindicatos de Xustiza, logo de que a central maioritaria no sector, SPJ-USO, solicitase unha prórroga ata o vindeiro mércores 23 de maio para consultar o conxunto de persoal sobre a proposta presentada na mesa de negociación e que é idéntica á que rexeitou o persoal en votación. O Goberno deu un ultimato ate este venres para aceptala; de non facelo, di sentirse "liberado" de calquera compromiso anterior.

Ante esta negativa, o sindicato maioritario USO aceptou esta última proposta da Xunta e adheriuse ao preacordo presentado o 26 de abril e que o persoal desbotara na consulta do 27.

100 días de folga na xustiza e así está a situación

"Publicado en Galicia Confidencial"

Resultado de imagen de folga xustiza


O conflito da xustiza segue formalmente aberto á espera do que ocorra este venres, data na que culmina o prazo que, en mesa sectorial, deu a Xunta aos setes sindicatos do sector para que lle comuniquen se se adhiren á súa última oferta ou non. Se non o fan, advertiu que se sentirá "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.

Á espera do que ocorra este venres, Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ xa avanzaron que para as súas organizacións é "válida" a votación dos traballadores, que rexeitaron por maioría a proposta que a Xunta mantén invariable, polo que non se senten interpelados polo ultimato da Administración.

Ligazón á noticia completa

O conflito da xustiza continúa

17 de maio de 2018


"Resumo de prensa"

Tensa espera en el conflicto de la justicia

Rueda da la huelga de Justicia por finalizada y elimina los servicios mínimos

El conflicto de la justicia continúa

El personal judicial de Vigo mantendrá vivo el conflicto

Xustiza considera finalizada la huelga de los funcionarios

La Xunta da por finalizada la huelga de Justicia y elimina los servicios mínimos

Rueda da por acabada la huelga de justicia y retira los servicios mínimos

Tensa espera en el conflicto de la justicia




"A Xunta ten obrigación de negociar"

"Publicado en Galicia Confidencial"

Protesta en Vigo

En declaracións aos medios de comunicación, Javier Fernández, portavoz de Alternativas na Xustiza na Coruña, manifestou que a folga "nin se suspendeu nin se interrompeu". No entanto, admitiu unha baixada do seguimento que vinculou coa duración da folga e a necesidade dos traballadores de "recuperarse anímica e economicamente".

Por outra banda, considerou que a mesa sectorial non é "o foro adecuado" para a negociación. Ademais, sinalou que, coas protestas convocadas nesta xornada, queren "deixar claro" que a proposta aceptada polos sindicatos CC.OO., UXT, CSIF e SPJ-USO foi "rexeitada polos traballadores". "Para nós iso é un mandato imperativo", recalcou o portavoz de Alternativas na Xustiza-CUT para quen a Xunta "ten a obrigación de negociar co comité de folga".



"Non é non"

16 de maio de 2018

"Nos medios"



TVE

Dignidade, despois de 100 días, para sempre

"Na prensa"

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que a partir da próxima semana non funcionarán os servizos mínimos decretados con motivo do paro indefinido dos funcionarios de xustiza. Ao seu xuízo, "xa non hai folga", polo que toca planear a recuperación do traballo aprazado e non "enredarse" nos "últimos trámites" previos a que se dea por finalizada formal e legalmente.

Rueda ratifica que "xa non hai folga de xustiza"

Rueda da la huelga de Justicia por finalizada y elimina los servicios mínimos

Rueda da por zanjada la huelga en la justicia
Ligazón á noticia - Europa Press

Rueda ratifica que "ya no hay huelga de justicia" y que la semana próxima no funcionarán los servicios mínimos


Concentracións en sinal de protesta pola actitude da Xunta de Galicia


Onte e hoxe @s traballador@s da administración de xustiza realizaron concentracións diante dos centros de traballo de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo en sinal de protesta  pola actitude da Xunta de Galicia que no día de onte, 15 de maio de 2018,  en mesa sectorial presentou un DOCUMENTO IDÉNTICO AO NEGOCIADO NO SEU DÍA ÁS COSTAS D@S TRABALLADOR@S  por SPJ-USO, UGT, CSIF e CCOO, E QUE FOI REXEITADO EN VOTACIÓN POLA MAIORÍA DOS MESMOS. 

Preme en LER MÁIS para ver as fotos e os vídeos