Protesta dos funcionarios de xustiza en Cambados
A folga do persoal da Administración de Xustiza en Galicia supera xa o mes e unha semana e suma o seu 26º día efectivo de paro sen noticias dunha nova negociación e coas posturas afastadas. Logo de que os representantes dos traballadores rexeitasen a última oferta da Xunta e de que o Goberno non puxese nova data, tanto o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, como o presidente Feijóo manteñen as súas críticas á actitude dos sindicatos.