"publicado en praza pública"
A crónica de mobilizacións desta folga épica e histórica no mundo da xustiza comeza con tres xornadas de folga nos meses de decembro e xaneiro (1 e 13 de decembro e 25 de xaneiro).
Xornadas nas que os traballadores e traballadoras da xustiza se botaron á rúa para reclamar algo digno: unha equiparación co resto dos seus compañeiros e compañeiras destinados noutras comunidades e un rexeitamento unánime á discriminación (discriminados por estar enfermos, por realizar funcións e non ser retribuídos polas mesmas dun modo xusto (só pedindo "igual traballo, igual salario"), á non amortización de prazas por parte da Xunta de Galicia de xeito unilateral e á consolidación de prazas de reforzo.
Discriminación que esta administración fai extensiva non só ao aspecto económico, no que fronte a todas as mentiras e falacias que verte día a día nos medios de comunicación que se prestan á difusión das mesmas buscan humillarnos diante da opinión pública, senón tamén unha discriminación sanitaria, sancionándonos por estar enfermos, unha discriminación na que este goberno do partido popular rexeita que a "igual traballo" lle corresponda "igual salario".
E nós seguimos na loita: loita na que pedimos un recoñecemento dos nosos dereitos. Unha loita pola dignidade: a marea azul de camisetas que se pode ver nos edificios xudiciais é boa proba diso: " XUSTIZA EN LOITA: RESISTENCIA E DIGNIDADE".
Nesta loita de David contra Goliat, a carta do desgaste é a empregada pola administración: a pesar da súa alegación e proclama diaria de "vontade negociadora", na sombra xoga outro papel moi distinto: “os sindicatos non queren negociar”. Non, Sr. Rueda, non é certo. OS SINDICATOS SÍ QUEREMOS NEGOCIAR. Foron vostedes os que estiveron 10 días sen convocar ao comité de folga, os que tamén enviaron á mesa de negociación a un "guerreiro da verborrea" que entre outras lindezas convidounos "a abandonar a nosa terra". É ese o seu afán de diálogo?. Compre que lles recorde todos os momentos de desleixo para nós?
Pero a verdade e a dignidade prevalecen. O pasado venres, 9 de marzo, despois de nove horas de negociación, rexeitaron continuar coa negociación durante o fin de semana. Esa é a súa vontade? O servizo público da xustiza está parado: a actitude de enrocamiento por parte do seu goberno reflicte claramente como lles importa. Sexan coherentes co seu labor: xustifiquen os seus soldos, realicen o seu traballo, porque a discriminación que teñen con respecto aos presidentes doutras CCAA é positiva, moi positiva: percibindo retribucións moi por encima da media, e aínda así aumentando os seus soldos nun 7,5%.
A man dereita non debe saber o que fai a man esquerda.
E vostedes, man esquerda ten pouca ou ningunha.
Ligazón ao artigo orixinal