Milagre: Rueda recoñece o éxito da folga

1 de marzo de 2018

"publicado en galicia confidencial"


Alfonso Rueda.
Alfonso Rueda.
O vicepresidente Alfonso Rueda, titular tamén de Xustiza, expresou publicamente onte, mércores, a súa intención de sentar él mesmo na mesa de negociación cos sindicatos   para buscar unha solución ao conflito que derivou nunha folga indefinida. Pero Rueda pon unha condición que os sindicatos cualifican de "chantaxe": desconvocar o paro. Así llo trasladou aos sindicatos nunha carta.

 Máis aló da proposta de Rueda para tentar chegar a un acordo, o máis salientable desta misiva é o recoñecemento que fai o vicepresidente do éxito da folga —fala de "parálise nos xulgados galegos"—, contradicindo así a propia mensaxe pactada na Xunta e lanzada á opinión pública de xeito reiterado de que o paro estaba sendo un fracaso, con escaso seguimento (a Xunta sempre colocou o seguimento por debaixo do 40 por cento, mentres que os sindicatos o cifran en arredor do 90 por cento).

ligazón á noticia