Un antes e un despois. Galicia --e todo o Estado-- viviron este xoves unha "xornada histórica" de o agromar definitivo das mulleres rebordou calquera previsión.
reivindicación feminista, cunha folga masiva que lembrará para sempre este 8 de marzo de 2018. Malia que a masiva mobilización do pasado domingo en Vigo facía prever un gran seguimento do paro e das manifestacións,
Boa parte da metade do país saíu ás rúas, parou no seu día e encheu vilas e cidades. Xa durante a mañá, en concentracións previas ás masivas da tarde, ateigaron os puntos de encontro previstos para tinguir de lila prazas como as do Obradoiro e demostrar que, se elas paran, para todo. Parouse, pero algo tremeu de vez para marcar un punto de inflexión que as mulleres agardan que sexa para sempre.
Os paros por quendas foron un "éxito" na maioría dos sectores. Xa desde a madrugada, os sindicatos advertían de que a folga era "unha realidade imparable" mesmo na franxa horaria das 0 ás 2 horas da madrugada, con unicamente o cumprimento dos servizos mínimos na sanidade -que seguiría así no resto da xornada- ou un seguimento moi importante na industria viguesa, tal e como cifraba a CIG: o 95% das traballadoras de Alonarti e Denso, o 90% en Domiberia, o 50% en Prosegur BPO e máis do 40% en Asientos de Galicia, TRW-Dalphi e Plastic Omnium. Tamén do 50% en Einsa, nas Pontes, ou en Ingapan, en Lugo.
Ligazón á nova en Praza Pública
Pontevedra |
A Coruña |
Ourense |
Vigo |