Rueda intenta terminar coa folga polas malas ou polas malas

27 de marzo de 2018



A Xunta advirte aos servizos mínimos de xustiza que non poden favorecer "unha folga de celo nin de brazos caídos"

Resultado de imagen de alfonso rueda

"O persoal de servizos mínimos debe, na súa xornada completa, facer as tarefas ordinarias correspondentes ao seu posto", recolle a instrución.

A instrución da Xunta na que aclara o contido da orde de servizos mínimos aprobada con motivo da folga indefinida na xustiza incide en que todo o persoal que sexa de servizos mínimos ou voluntariamente estea a traballar "non poderá levar a cabo actuacións que puidesen supor a existencia dunha folga de celo encuberta, ou de brazos caídos".


Nota: Ata este momento non hai constancia directa da devandita instrución.