
De confirmarse estes datos, a situación daría unha nova volta de cara á continuidade da folgaou de establecer unha nova rolda de negociacións entre Xunta e sindicatos. Todo podería indicar que a división sindical non estaría dando o resultado que poderían esperar desde o goberno galego de cara unha solución definitiva á folga de Xustiza.
Lembremos que esta consulta vén logo de que catro dos sindicatos do comité de folga, USO, UGT, CCOO e CSIF aceptaran as propostas postas sobre a mesa por parte da Xunta de Galicia. Mentres que os tres sindicatos restantes, CIG, CUT e STAJ, non estaban de acordo con aceptar os puntos do documento presentado polo executivo autonómico.