Tres días de vergoña do PP. Tanto medo nos tedes?

15 de abril de 2018

Nesta semana, cumpríndose hoxe 68 días de folga indefinida, os tres últimos días  foron realmente vergoñentos e intolerables para un goberno que se di de tod@s @s galeg@s.

O pasado xoves 12 de abril, día  en que se celebrou unha concentración diante de San Caetano convocada polas centrais sindicais da autonómica en apoio do conflito d@s traballador@s da xustiza,  a orde recibida polas Forzas de Seguridade do Estado era  clara e precisa: a prohibición absoluta de entrada nun edificio administrativo e público de ningún/ha funcionari@ da administración de xustiza.

Como segundo acto, o venres 13 de abril, no que o comité de folga convocara á Xunta para retomar a mesa de negociación, non só non apareceron (o que amosa unha vez máis a "vontade e interés" por terminar con este conflito), senón que de novo os membros da Policía Nacional foron instruidos para "acompañar" aos delegad@s sindicais de AXG-CUT fóra do edificio e non permitindo aos outros sindicatos acceder ao recinto.

E onte, día 14 de abril,  o clímax acadouse cunha "espantada" do presidente da Xunta en Pontevedra, a onde acudía a un acto público, cando se percatou da presenza d@s traballador@s que acudían a recibilo.

Resumo destes tres días: Aquí está, aquí se ve, a cobardía do PP.

Feijóo se ausenta del homenaje a De la Sota ante las protestas de los funcionarios de Xustiza


Preme para reproducir

Preme para reproducir