O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que a partir da próxima semana non funcionarán os servizos mínimos decretados con motivo do paro indefinido dos funcionarios de xustiza. Ao seu xuízo, "xa non hai folga", polo que toca planear a recuperación do traballo aprazado e non "enredarse" nos "últimos trámites" previos a que se dea por finalizada formal e legalmente.
Rueda ratifica que "xa non hai folga de xustiza"