A Xunta de Galicia ignora o informe emitido polo CXPX sobre os xulgados de Vilagarcía

10 de setembro de 2018


O abandono dos xulgados das vilas galegas é evidente, e foi denunciado en multitude de ocasións, tanto nos medios de comunicación coma na propia Mesa Sectorial, onde, especialmente o Director Xeral de Xustiza Juan José Martín e a Subdirectora Dolores Madrid, se negaron a tomar medidas. O que máis sorprende e que o Director Xeral foi Letrado Xudicial en Vilagarcía.
Un claro exemplo, tanto das cargas de traballo como do abandono de xulgado, son os xulgados de Vilagarcía e, en particular, o xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1.



@s propi@s Inspector@s do Consello Xeral do Poder Xudicial na visita de inspección que fixeron os días 23 e 24 de abril de 2018 no propio xulgado, diagnosticaron a “existencia de una grave, profunda y deficiente situación en la oficina penal del juzgado.”

PREME PARA AMPLIAR

PREME PARA AMPLIAR