AXG-CUT esixe a negociación en mesa sectorial dos plans de actuación

21 de setembro de 2018

20.09.18

A democracia é una forma de convivencia social que obriga @s galeg@s, tanto @s que votaron o Partido Popular, como @s que non, a asumir que o presidente da Xunta é Nuñez Feijoo.

Do mesmo xeito, coa democracia asumimos tódol@s traballador@s do colectivo da xustiza que vostede é (catro meses despois de rematar “en falso” a folga) e segue a ser, o Director Xeral de Xustiza, posto que, a pesares da súa pésima xestión nos tres meses de folga na xustiza galega, de negociar de xeito “paralelo” cos catro pseudosindicatos que tan cómodos estaban en petit comité con vostede e ás costas d@s traballador@s, (tal e como recoñeceu en distintos medios de comunicación) e de non ter nin a capacidade, nin a lexitimación (á vista dos feitos acontecidos) para ostentar o cargo, vostede segue sendo o Director Xeral.



Preme para ampliar

Preme para ampliar

Preme para ampliar