Amosando publicacións coa etiqueta carta Director Xeral b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta carta Director Xeral b>. Amosar todas as publicacións
O Director Xeral J.J. Martín non ten vergoña nin a coñece
24 de maio de 2019
Afeitos tennos esta administración cando cos seus actos mostra o desprezo cara aos traballadores da Administración de Xustiza de Galicia. Con todo, as declaracións do Director Xeral Juan José Martín no Parlamento superaron, con moito, o límite do tolerable.
Juan José Martín non ten vergoña nin a coñece cando, en sede parlamentar mente descaradamente alegando que “en ningún momento comunicóuselles que o xurado estaba deliberando e que necesitaban esa atención”, posto que a Audiencia Provincial comunicou á delegación territorial de Pontevedra o día 20 de marzo a través dun oficio por fax, a celebración dun xuízo con Xurado con duración previsible do 25 ao 29 de Marzo. Como ben debe saber este director xeral (debido a que é Secretario Xudicial de profesión) un xuízo sábese cando empeza e non cando termina, e non pode a administración en ningún momento facer deixamento de funcións alegando datas pechadas.
Etiquetas:
AP Pontevedra
,
carta Director Xeral
,
Xurado
AXG-CUT esixe a convocatoria urxente de mesa sectorial
22 de abril de 2019
Durante o ano 2018 vivimos tres meses de folga indefinida na xustiza galega, secundada pola maioría d@s traballador@s nunha loita para rematar cunha discriminación co resto de compañeir@s da Administración de Xustiza doutros territorios con competencias tamén transferidas: descontos por ITS, equiparación nas retribucións co aumento do CAT, paralizar as amortizacións feitas pola Xunta de xeito unilateral...
Etiquetas: carta Director Xeral , Mesa Sectorial Xustiza
AXG-CUT esixe a negociación en mesa sectorial dos plans de actuación
21 de setembro de 2018
20.09.18
A democracia é una forma de convivencia social que obriga @s galeg@s, tanto @s que votaron o Partido Popular, como @s que non, a asumir que o presidente da Xunta é Nuñez Feijoo.
A democracia é una forma de convivencia social que obriga @s galeg@s, tanto @s que votaron o Partido Popular, como @s que non, a asumir que o presidente da Xunta é Nuñez Feijoo.
Do mesmo xeito, coa democracia asumimos tódol@s traballador@s do colectivo da xustiza que vostede é (catro meses despois de rematar “en falso” a folga) e segue a ser, o Director Xeral de Xustiza, posto que, a pesares da súa pésima xestión nos tres meses de folga na xustiza galega, de negociar de xeito “paralelo” cos catro pseudosindicatos que tan cómodos estaban en petit comité con vostede e ás costas d@s traballador@s, (tal e como recoñeceu en distintos medios de comunicación) e de non ter nin a capacidade, nin a lexitimación (á vista dos feitos acontecidos) para ostentar o cargo, vostede segue sendo o Director Xeral.