É evidente que respectamos tódalas opinións, veñan de quen veñan, pero o que non podemos é compartir algunhas afirmacións, como as feitas públicamente polo Decano dos xulgados de Vigo: “Pese a lo que digan, en los juzgados de Vigo, a mi juicio, no hay ningún colapso. La huelga ha provocado el retraso en algunos procedimientos y señalamientos en determinados juzgados. Pero colapso no hay en ninguno porque los juzgados de Vigo van muy al día y funcionan de forma ágil desde que entra la demanda hasta que se señala el juicio.”
Lembrarlle ao Decano que antes da folga, a situación dos xulgados do Penal, do propio xulgado de Violencia de Xénero, dos xulgados de Familia, do de cláusulas solo, e incluso dos xulgados do social foi portada de tódolos medios de comunicación da cidade pola denuncias de AXG-CUT pola falta de medios materias, persoais, colapsos, cargas de traballo......., en varias delas o propio Serrano apoiou as nosas reivindicacións (xulgado reforzo social e Familia). Todo o anterior aparece na hemeroteca dos distintos medios de comunicación.
PREME PARA AMPLIAR |
PREME PARA AMPLIAR |