Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma. Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude. A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (Só disponible na intranet)
PREME PARA AMPLIAR |
Etiquetas: Substitucións