AXG-CUT esixe a creación dun Xulgado de Familia Bis para Ourense

18 de marzo de 2019


A dramática situación que se está vivindo no xulgado de familia de Ourense foi denunciada en múltiples ocasións por ALTERNATIVAS NA XUSTIZA- CUT. 

 O 15 de decembro de 2018 desde AXG- CUT prognosticamos a situación que se aveciñaba tras o concurso de traslados que provocou a “estampida” da maioría dos funcionarios que alí traballaban. 


O insustentable ritmo de traballo acumulado durante anos provocou que todos os funcionarios que alí traballasen sufrisen de estrés, e que, mesmo por recomendación médica tivesen que abandonar o xulgado.

preme para ampliar

preme para ampliar