EGAP: actividades de formación para o posto de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

18 de marzo de 2019

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2019 pola que se convocan actividades de formación para o posto de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

O programa diríxese en xeral a todo o persoal da Administración de xustiza en Galicia dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza en Galicia e, particularmente, a aquel que accede a un novo posto de traballo

Este programa ten como finalidade capacitar o persoal funcionario dos corpos indicados para a realización das tarefas básicas no desempeño dos postos de traballo, analizando as utilidades fundamentais comúns do sistema de xestión procesual (Minerva), así como a operatividade doutras ferramentas dispoñibles (Lexnet, Punto neutro xudicial, etc.) e facilitar a integración deste persoal nos distintos postos de traballo para os cales sexa nomeado, reducindo na medida do posible o seu período de adaptación ao novo posto.


A inscrición para o acceso aos contidos pódese facer en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de decembro de 2019.

O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado de aptitude.

Ligazón ao DOG