O REFORZO DO XULGADO DE FAMILIA CADA VEZ MÁIS PRETO

5 de abril de 2019


Despois de meses denunciando a situación de colapso e de falta de medios persoais no xulgado de familia de Ourense, tanto por AXG-CUT como polo Decano nos medios de comunicación e ao propio Director Xeral parece que vai a dar os seus froitos nas próximas datas. 

Según tivemos coñecemento tanto a Xunta de Galicia coma o TSXG recoñecen as cargas do xulgado de familia e a necesidade de poñer medidas de reforzo, tal e como esixiu AXG-CUT.

Esperamos que se confirmen as medidas de reforzo nestes días que permitan remontar a actual situación de colapso do xulgado e un recoñecemento ao voluntarismo dos traballadores do xulgado, qeu son os que impediron que a situación non sexa moito peor. 

De non confirmarse a creación dos reforzos, desde AXG-CUT continuaremos coas medidas de presión necesarias para lograr a creación dos mesmos.