Preme para ampliar |
Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares
17 de xuño de 2019
"Publicado na intranet"
Etiquetas:
intranet
,
Substitucións
Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 17 de xuño de 2019.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só accesible dende o posto de traballo).
Imprimir / Compartir