Sesións de reforzo sobre a utilización de equipos de videoconferencias

25 de outubro de 2019


Na reunión da mesa de formación, celebrada o pasado venres, día 18 de outubro de 2019, e cando se abordou o tema da realizacións de sesións (presenciais) de reforzo sobra a utilización de equipos de videoconferencia, destinadas @s funcionari@s encargados desta labor (persoal de oficinas xudiciais que deban empregar estes equipos de videoconferencias en salas de vistas ou espazos compartidos, como poden ser sala de xunta, bibliotecas ou salas de exhortos) por parte de AXG-CUT en solitario fíxose a proposta de que, aparte da realización xa programada, nas sete grandes cidades  (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) tamén se fixese extensivo ás vilas que teñen 3 ou 4 xulgados mixtos (como pode ser o caso de Betanzos, Carballo, Vilagarcía, e outras moitas das catro provincias galegas).



Preme para ampliar

Preme para ampliar