AXG denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo as deficiencias do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Ortigueira

13 de novembro de 2019


En data 11 de novembro de 2019 por AXG, presentouse escrito de denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de A Coruña, baseado no informe do Servicio de Prevención de Riscos Laborais, elaborado a partir da visita turnada ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución único de Ortigueira en data 25/04/2017, polas graves deficiencias que presentan, con risco para os traballadores, diversas partes do edificio.


preme para ampliar

preme para ampliar