Amosando publicacións coa etiqueta prevención riscos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prevención riscos. Amosar todas as publicacións

EGAP; Cursos de prevención de riscos laborais básico.

12 de marzo de 2024

"publicado no DOG"



Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.


O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 25 de marzo de 2024.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. 



AXG-CUT sigue loitando polo plan de prevención de riscos no Pazo de Xustiza de Ourense

17 de marzo de 2021


"publicado en prensa"

Mejora energética para los edificios judiciales de Ourense


La mejora de la eficiencia energética en los juzgados de la ciudad supondrá una inversión de 380.000 euros, tal como aseguró ayer el director xeral de Xustiza, Juan José Martín, que estuvo en la ciudad acompañado por el delegado territorial de la Xunta en Ourense, Gabriel Alén, el juez decano, Leonardo Álvarez, la secretaria coordinadora, Josefina Diz así como la fiscal jefa, Eva Regueiro, y el presidente de la Audiencia, Antonio Piña.

Por su parte, Alternativas na Xustiza-CUT criticó esta visita cuando en el Pazo de Xustiza de Concepción Arenal falta el plan de prevención de riesgos, lo que tildaron de tremenda "irresponsabilidade e neglixencia nun edificio histórico". El plan es de 2006 pero está sin desarrollar, aseguran desde este sindicato.

EGAP; curso de prevención de riscos laborais, nivel básico

21 de agosto de 2020


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 2 de setembro de 2020.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta. gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 

A EGAP convoca curso de prevención de riscos laborais nivel básico

17 de febreiro de 2020

"publicado no DOG"

NO DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

AXG denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo as deficiencias do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Ortigueira

13 de novembro de 2019


En data 11 de novembro de 2019 por AXG, presentouse escrito de denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de A Coruña, baseado no informe do Servicio de Prevención de Riscos Laborais, elaborado a partir da visita turnada ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución único de Ortigueira en data 25/04/2017, polas graves deficiencias que presentan, con risco para os traballadores, diversas partes do edificio.

EGAP, curso de prevención riscos laborais para o persoal de xustiza de Vigo, Baiona, Gondomar e Nigrán

8 de novembro de 2019


"publicado no DOG"


Vense de publicar no día de hoxe, curso de formación de carácter obligatorio de prevención de riscos laborais,  en tarefas de tipo administrativo e que vai dirixido o persoal da Administración de Xustiza que presta servicio nos edificios xudiciais de Vigo, Gondomar, Nigrán e Baiona.

A EGAP convoca un Curso de Prevención de Riscos Laborais nivel básico

23 de agosto de 2019

"publicado no DOG"


RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2019 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de agosto ao 4 de setembro de 2019.

Curso obrigatorio de prevención de riscos laborais para o persoal dos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia de A Coruña

22 de abril de 2019

"publicado no DOG"


RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2019 pola que se convoca un curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz da provincia da Coruña.

ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT esixe que se actualize o plan de prevención de riscos no Pazo de Xustiza de Ourense

14 de febreiro de 2019

Ante a falta de respostas e solucións o pasado día 22 de xaneiro co escape de gas no Pazo de Xustiza de Ourense, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT solicitou a Xunta de Galicia o plan de Prevención de Riscos Laborais en vigor no momento do escape. 

Campaña da vixiancia periódica da saúde para o ano 2019

5 de febreiro de 2019

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2019 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.