Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para o CELGA: aberto prazo de inscripcións

2 de xaneiro de 2020

No DOG do día 20 agosto de 2019 publicouse a convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa galega (medio e superior) e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega CELGA.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Enlace ao DOG


As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Enlace ao formulario de inscripción