AXG solicita un reforzo urxente para a sección civil no xulgado de Ortigueira

24 de febreiro de 2020

No mes de xullo de 2019 Alternativas na Xustiza-CUT presentou un escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza no que solicitaba o nomeamento con carácter urxente dun REFORZO para a sección civil do Xulgado: nese escrito, presentado un ano despois do remate da folga indefenida, reflectía e resumía as gravísimas conxecuencias cuxo orixe foi no ano 2018 (durante os tres meses de parálise xudicial que acadou cifras inimaxinables). Á vista dunha análise pormenorizada de todo o acontecido neste xulgado único ao longo destes case dous anos, o devenir afectou aínda dun xeito máis grave por unha serie de circunstancias, que pese a ser coñecidas pola DXX de vello, parece ter no esquecemento á hora de valorar a realidade.




preme para ampliar

preme para ampliar