AXG solicita nomeamento urxente de auxilios para evitar suspensións de xuízos

3 de febreiro de 2020


No ano 2017, na asemblea de traballador@s do corpo de Auxilio e ALTERNATIVAS NA XUSTIZA, ante os constantes chamamentos por parte da Delegación da Coruña dos auxilios xudiciais dos xulgados con dous funcionarios para cubrir as vacacións, baixas, xuízos... dos xulgados cun so traballador, decidimos por unanimidade presentar escrito avisando, pois así o avalaban as distintas sentenzas, que non aceptaríamos os nomeamentos para estes xulgados, e que a DXX procedese ao NOMEAMENTO URXENTE DE FUNCIONARIOS DO CORPO DE AUXILIO NO SERVIZO COMÚN DE APOIO DE FERROL.


Tres anos despois, a Dirección Xeral só nomeou un funcionario interino de reforzo que a toda luces é insuficiente, sobre todo tendo en conta que non existen quendas entre os funcionarios de auxilio e o aumento exponencial de videoconferencias en Galicia e Ferrol en particular.

Preme para ampliar