A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.
O prazo de inscrición rematará transcorrido 2 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
As/os responsables dos distintos centros de traballo facilitarán os medios necesarios para a inscrición
Etiquetas: 2020 , Campaña vixilancia saúde , DOG