AXG-CUT denuncia a masificación no Rexistro Civil de Vigo

28 de xullo de 2020

Nesta segunda onda de contaxios por mor da COVID 19, cuxo número de positivos se incrementa exponencialmente de día en día, e ante a que as autoridades sanitarias están a repetir unha e outra vez as pautas a seguir dadas no anterior brote (cando se declarou o estado de alarma, o confinamento, e a desescalada progresiva); pola contra, NO EDIFICIO XUDICIAL DE VIGO ONDE SE UBICA O REXISTRO CIVIL A SITUACIÓN É ABSOLUTAMENTE A CONTRARIA. 

Los trabajadores protestan por una masificación que puede derivar en contagios.

Ringleiras de cidadáns para resolver diferentes trámites, e que, ao estar na pranta baixa, impiden o paso de traballador@s que teñen que cruzar polo medio deles, pranta baixa onde tamén están os elevadores e o punto básico e central de acceso ao resto das dependencias do edificio.